“Nas zonas de montaña os gandeiros somos os que coidamos do medio ambiente e o territorio”
No concello de Cervantes a gandería é a principal actividade económica e social. Hai catro vacas por cada veciño e manteñen case 4.000 hectáreas de pastizais. Falamos con tres explotacións da zona para coñecer como traballan e para que nos conten como vai ser a Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña que o vindeiro 11 de maio en San Román pon en valor a súa actividade